foto representa1

Patrocinador de julio 2016 — Rede Museística Provincial

Desde a Rede Museística Provincial consideramos esencial a comprensión e a visibilización da diversidade de xénero, como medio necesario para acadar a excelencia no ámbito da arte, da cultura e da educación. Temos que educar, sensibilizar e promover os valores de igualdade dentro das áreas de cultura e museos. Para acadar o obxectivo é imprescindible habilitar as canles necesarias para o diálogo social, establecendo colaboracións con institucións, asociacións ou colectivos sociais que compartan os mesmos criterios de igualdade. Por este motivo cando no III Congreso de Xénero, museos, arte e educación, que organizamos na Rede Museística, María (Pimienta) Sánchez nos presentou o proxecto #SaveGenderMuseum quixemos amadriñalo neste mes especial para nós. Este 13 de xullo cumprense 10 anos dende que o Pazo de Tor abriu como museo, grazas a doazón de Dona María Paz Taboada de Andrés e Zúñiga. Ao doar este edificio, fogar seu e dos seus ancestros durante séculos, puxo como condición que se transformase nun museo cheo de vida e de historia, como o que hoxe temos en pleno corazón da Ribeira Sacra. Por iso pensamos que neste 10º aniversario, o maior agasallo que lle poderíamos facer a María Paz sería amadriñar un proxecto do que seguramente ela querería ser partícipe.

redemuseisticalugo.org

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *